27 abril 2009

PEQUECURTAS

0 comentarios

ENQUISAS REALIZADAS Nº 2

0 comentarios

Xa temos os resultados da segunda enquisa.
Seguide participando!!!!

20 abril 2009

CHEGOU A PRIMAVERA

2 comentarios
A PRIMAVERA xa está aqui.Nela comezan a vir mais días de sol, aínda que tamén chove bastante, por iso sae o ARCO DA VELLA, as árbores comezan a ter follas novas, aparecen flores nos parques..... de todo isto e moito mais falabábamos o outro día cando un de nós preguntoulle a profe "cómo medran as PLANTAS?, de onde saen?, que comen?"....
Así que manos a obra redatamos unha pequena nota pedindo un vaso limpo de iogur e unhas semillas de fabas ou lentellas.
E a PLANTAR........................

15 abril 2009

Cumpleaños feliz!!

0 comentarios


28 marzo 2009

ESCENAS MUSICAIS CAIXANOVA

0 comentarios
Por fin chegou o día!! O pasado xoves 26 de marzo os nenos e nenas de 4 fixemos a nosa 1ª saída.
Gozamos dun ameno concerto no centro cultural Caixanova.
Saímos cedo xa que tiñamos que estar alí as 10 da mañá asi que

montamos no autobús, abrochamos os cintos e ... marchando


Un pouco nerviosos e expectantes polo que íamos ver ao chegar.
Polo camiño, fomos recoñecendo as rúas nas que eles pasean cos seus pais, os parques nos que xogan, ata moitos din que viron as súas casas dende o bus.



Acomodados nas butacas do teatro a oscuridade colleunos de súpeto, pero pronto as cores do concerto comezaron a iluminar a escena.




Ao finalizar saímos ben ordenadiños en busca do bus que quedara de recollernos na Alameda.

PASÁMOLO GENIAL!!!!


18 marzo 2009

19 DE MARZO "DIA DO PAI"

3 comentarios
Moitisimas felicidades a todos os pais!!!! Disfrutade das simpáticas mensaxes que vos teñen preparado os vosos fillos e fillas!!


02 marzo 2009

O gran día do Entroido

3 comentarios
O venres O Seis do Nadal saiu a rúa no seu tradicional desfile de Entroido.

Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazados de lapises de cores encheron o ambiente de ledicia e festa rachada. Acompañados por alguns pais logramos rematar o percorrido sen incidencias; a pesares do sol abraiante que luciu durante a xornada.

Para todos aqueles que non puidestes gozar en directo destos momentos aqui tedes un video cortesía do pai de Laura Victoria. Moitas grazas pola vosa colaboración.