28 marzo 2009

ESCENAS MUSICAIS CAIXANOVA

0 comentarios
Por fin chegou o día!! O pasado xoves 26 de marzo os nenos e nenas de 4 fixemos a nosa 1ª saída.
Gozamos dun ameno concerto no centro cultural Caixanova.
Saímos cedo xa que tiñamos que estar alí as 10 da mañá asi que

montamos no autobús, abrochamos os cintos e ... marchando


Un pouco nerviosos e expectantes polo que íamos ver ao chegar.
Polo camiño, fomos recoñecendo as rúas nas que eles pasean cos seus pais, os parques nos que xogan, ata moitos din que viron as súas casas dende o bus.



Acomodados nas butacas do teatro a oscuridade colleunos de súpeto, pero pronto as cores do concerto comezaron a iluminar a escena.




Ao finalizar saímos ben ordenadiños en busca do bus que quedara de recollernos na Alameda.

PASÁMOLO GENIAL!!!!


18 marzo 2009

19 DE MARZO "DIA DO PAI"

3 comentarios
Moitisimas felicidades a todos os pais!!!! Disfrutade das simpáticas mensaxes que vos teñen preparado os vosos fillos e fillas!!


02 marzo 2009

O gran día do Entroido

3 comentarios
O venres O Seis do Nadal saiu a rúa no seu tradicional desfile de Entroido.

Os nenos e nenas de Educación Infantil disfrazados de lapises de cores encheron o ambiente de ledicia e festa rachada. Acompañados por alguns pais logramos rematar o percorrido sen incidencias; a pesares do sol abraiante que luciu durante a xornada.

Para todos aqueles que non puidestes gozar en directo destos momentos aqui tedes un video cortesía do pai de Laura Victoria. Moitas grazas pola vosa colaboración.

ENQUISAS REALIZADAS. Nº1

0 comentarios

Velaí vos van os resultados desta nosa primeira enquisa, grazas por colaborar nesta vosa rede.

Anímadevos a seguir participando nas novas enquisas, ou ben cos comentarios, fotos, videos e outras propostas.